FILOSOFÍA ATMOS
Atmos Hotel Boutique nace coa idea de revolucionar a idea de turismo rural, aunando deseño, sustentabilidade e tecnoloxía nun entorno rural. Situado na parroquia de Cando, Outes (A Coruña) Atmos presentouse como unha renovación á vida da aldea dando a coñecer con esta iniciativa a oportunidade de desconectar da vida diaria para conectar coa natureza rodeados de rutas, sendeiros e paseos polo río Tambre. Desta maneira materializábase a ilusión de crear un novo concepto: o luxo sostible
Compromiso coa sostenibilidade
Atmos Fera 360 S.L. traballa de xeito activo na consecución dun espazo de desconexión e calidade, sen esquecerse do coidado polo medio e a sostibilidade. Por iso, o equipo adoitou un compromiso medioambiental baseado na redución de consumos, na autoprodución, o consumo de enerxía sostible e a redución de papel e outros residuos. O turismo sostible debe proporcionar ademais un cambio de valores e medrar cara un turismo experiencial a través da compra sostible cooperando cos produtores locais para fortalecer a produción local e sostible de bens e servicios.
Política de igualdade
Atmos Fera 360 S.L. dispón dun plan de igualdade baseado nunha serie de medidas e accións tendentes a garantir a plena igualdade no trato de oportunidades eliminando toda forma de discriminación directa ou indirecta por razón de sexo.